PAZO DE COUZADOIRO

Civil
1884

Localización

Parroquia: Couzadoiro (San Cristovo)

Lugar: O Val

15339  Ortigueira - A Coruña

Coordenadas:
43º 39' 57.9" N - 7º 47' 24.9" W

Descrición

Propiedade privada non visitable.
Conxunto formado por dous volumes que semellan torres, unidos por un terceiro de menor altura que os anteriores. A cuberta dos primeiros trázase a catro augas e o menor faino a dúas, todos en lousa. Desde o exterior ata o primeiro piso accédese por unha escaleira dun tramo. É unha das construcións pacegas máis modificadas do municipio. O espazo complétase cun xardín, típico destes elementos patrimoniais.
Algo afastada do edificio está a capela.
Cronoloxía: século XVIII.

Acceso

Estrada AC-862 (Ferrol-Viveiro), saíndo do casco urbano de Ortigueira en dirección Viveiro continuamos 3 km ata a ponte sobre o río Baleo. Tomamos o cruce á dereita en dirección Couzadoiro. Seguimos pola estrada CP-6111 durante 5 km para chegar ó noso destino.
Arriba