CASA REITORAL DE SAN SALVADOR

Civil
480

Localización

Parroquia: A Arnoia (San Salvador)

Lugar: Outeiro Cruz

32417  A Arnoia - Ourense

Coordenadas:
42º 15' 11.5" N - 8º 08' 21.4" W

Descrición

Edificio cúbico de planta cadrada, con dúas alturas máis baixocuberta, muros portantes de cantería de perpiaños de cantería e cuberta a catro augas con cubrición de tella curva. A disposición dos vans é irregular, todos eles adintelados. Un valado de perpiaños e cachotería de granito rodea a parcela na que se inscribe o antigo convento que ostenta as armas do poderoso Mosteiro de Celanova ao que pertenceu ata ben entrado o século XIX. A partires de 1835 converteuse en casa reitoral de San Salvador de Arnoia.
Arriba
Axúdanos a mellorar!