CASA GRANDE DE CADEIRIDO

Civil
898

Localización

Parroquia: Adelán (Santiago)

Lugar: Cadeirido

27773  Alfoz - Lugo

Coordenadas:
43º 31' 06.6" N - 7º 23' 42.7" W

Descrición

A Casa-Torre de Cadeirido posúe a típica forma de torre construida en mampostería e con teito a catro augas con pináculos en forma de almeas, en lembranza das vellas torres do homenaxe dos castelos medievais. A entrada do edificio faise a través dunha gran portada de medio punto realizada en perfecta cantería. Consta de dúas prantas con escaseza de fiestras. Foille engadida unha vivenda ao seu carón polos seus propietarios que tentaron conservar ao máximo as súas características. Sábese que no 1701 o seu propietario era rexidor de Mondoñedo e señor da Casa-Torre de Cadeirido. Propiedade privada non visitable.
Arriba
Axúdanos a mellorar!