PAZO DE DANEIRO

Civil
1332

Localización

Parroquia: San Cremenzo de Pazos (San Cremenzo)

Lugar: Daneiro

15837  Zas - A Coruña

Coordenadas:
43º 08' 26.0" N - 8º 55' 13.9" W

Descrición

Propiedade privada non visitable. Rodeado dunha muralla baixa cun portalón entrada coroado cunha cruz. Xardíns con grandes árbores, cipréses, abetos, eucaliptos, castaños, etc. Explotación agrícola importante. Pombal e dous hórreos. Planta rectangular moi alongada. Cuberta de tella. Cachotaría chapada de cantería no corpo da torre, o demais revogado. Ventás rítmicamente distribuídas. Aínda que a torre na fachada principal non resalte por nada, na posterior posúe unha altura máis. Aquí é onde se atopa labrado o escudo.

Acceso

Atópase a uns 6 quilómetros do núcleo municipal. Collese a AC-404 dirección a Baio e no lugar de As Pereiras collemos a primeira estrada a man dereita dirección ao lugar de Castro. Antes de entrar en Castro tórcese a man esquerda dirección Daneiro. Continúase recto ata chegar ao pazo.
Arriba
Axúdanos a mellorar!