CASA GRANDE DO COUTO

Civil
1124

Localización

Parroquia: San Paio de Abeleda (San Paio)

Lugar: O Couto

32764  Castro Caldelas - Ourense

Coordenadas:
42º 23' 06.7" N - 7º 26' 22.8" W

Descrición

Propiedade privada non visitable. Nun val a metade de camiño entre a depresión do Sil e Castro Caldelas moi ben orientada ao abeiro das xeadas. Nunha zona moi fértil con árbores froiteiras, viñedos, prados, etc... Planta rectangular orientada N-S. Torre rectangular na esquina N-E.; debaixo hai unha fermosa e pequena capela que dá ao camiño e patio de entrada. A emprego na construción pedra pequena da ribeira do Sil, con despezamento de perpiaño na fachada principal e a torre. O pazo ten dúas plantas, vivenda na planta alta e adega na baixa; tamén ten portal de entrada. Está situado nun pequeno terreo.

Acceso

Na estrada LU-903 en dirección Monforte de Lemos, no pobo de O Couto á dereita.
Arriba
Axúdanos a mellorar!