PAZO DE CODESEDA

Civil
844
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Leira (Santa María)

Lugar: Codeseda

15689  Ordes - A Coruña

Coordenadas:
43º 06' 53.0" N - 8º 23' 38.0" W

Descrición

Propiedade privada non visitable. Fachada principal ao lado do camiño, oculta tras frondosos plataneiros; o resto do terreo amurallado. Capela actualmente separada do Pazo. Planta cadrada con tellado a catro augas. Fábrica de cachotaría enfoscada e enlucida, con cantería en vans, cornixa, Na fachada principal balcón sobre grosos canecillos, con balaustrada de pedra labrada. Escudo moi adornado. Na capela escudo con inscrición.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!