IGREXA DE SANTA MARÍA DE RUS

Relixioso
1703

Localización

Parroquia: Rus (Santa María)

Lugar: A Igrexa

15109  Carballo - A Coruña

Coordenadas:
43º 09' 26.0" N - 8º 40' 21.9" W

Descrición

É a igrexa de maior valor arquitectónico do concello e un dos exemplos máis importantes do barroco na comarca de Bergantiños. De grandes dimensións, levou case dous séculos construílo. Comezárono no XVII e non o rematarían ata o XIX, de aí que nel se mesturen o estilo barroco, que é o predominante, o rococó e tamén o neoclásico, presente nas liñas rectas e clásicas da súa fachada e en tres dos seus retablos. Na súa construción participaron destacados mestres composteláns, como Tomé del Río, que tamén traballaría nas obras da catedral de Santiago. A parroquia de Rus dependeu do mosteiro compostelán de San Martiño Pinario. Foron precisamente os monxes de San Martiño os que impulsaron a construción da igrexa. O templo custodiou ao longo do tempo unha xoia da ourivaría: unha cruz procesional, toda feita en prata, posiblemente do século XVI, de case un metro de alto. 

Acceso

Desde o núcleo urbano de Carballo toma a estrada DP-1914. Tras percorrer 6 quilómetros aproximadamente, toma o desvío á esquerda cara DP-1912 e percorre 1,3 quilómetros ata chegar a outro desvío á dereita onde se localiza a Igrexa de Santa María de Rus, no lugar de A Igrexa.

Estilos

Neoclásico
Barroco
Arriba
Axúdanos a mellorar!