IGREXA DE SAN XULIÁN DE ASTURESES

Relixioso
1466

Localización

Parroquia: Astureses (San Xulián)

Lugar: Astureses

32514  Boborás - Ourense

Coordenadas:
42º 26' 44.6" N - 8º 06' 43.7" W

Descrición

Declarada Monumento Nacional en 1946, foi fundada no século XII. Trátese dun senlleiro exemplo do románico galego, constituida coa Orde do Santo Sepulcro, coa súa sede precisamente en Astureses,  para máis tarde ser da Orde de San Xoán de Xerusalén xa instaurada en Pazos de Arenteiro, tamén en Boborás. Con planta rectangular, con gran altura, complétase cunha fermosa ábsida semicircular que no seu exterior presenta canzorros de formas animais, agás un que presenta a figura dun músico. Os capiteis mostran decoración a base de formas vexetais e de aves, moi recurrente no románico de Boborás. A portada principal, tamén é chamativa con tres arquivoltas con columnas con capiteis e decoración tipo vexetal.
Curiosamente está construída en pendente.

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba
Axúdanos a mellorar!