PAZO DE CASTRELOS

Civil
2055
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: Parque de Castrelos

36213  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 12' 47.9" N - 8º 43' 39.9" W
+34 986 295 075
+34 986 239 372

Descrición

Declarado monumento histórico artístico desde 1955. Edificio do s. XVII. Planta composta dun corredor rectangular enmarcado por dúas torres. Diante da fachada principal esténdese un amplo patio con estanque circular. A planta ten un corpo central encalado, salvo o zócolo, recercamento de ocos e escudo con armas dos Tavares. Ocos con desaugadoiros e balcóns de ferro forxado. Termina o corpo central cun entaboamento coroado por ameas. As dúas torres son idénticas, de cadeirados de planta cadrada. Ocos sinxelos, cun balcón no segundo piso, escudo entre o segundo e terceiro e remate de ameas. Na actualidade é sede do Museo Municipal Quiñones de León no que destaca a presencia de coleccións de Arqueoloxía e coleccións de Pintura.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!