CASTELO DE MONTERREI

Civil
4342
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Monterrei (Santa María)

Lugar: Monterrei

32618  Monterrei - Ourense

Coordenadas:
41º 56' 49.0" N - 7º 26' 57.9" W

Descrición

O conxunto da Acrópole de Monterrei coroa a Vila de Monterrei que crece ó carón do castelo en época medieval. Conservase a estrutura orixinal con parte das torres circulares e da muralla defensiva. Pola porta principal accédese ó patio de armas, onde á dereita está o pazo dos condes e á esquerda érguese a Torre da Homenaxe. Construción defensiva, empregada en caso de asedio, mandada facer polos primeiros condes de Monterrrei, a finais do século XV, duns 22,5m de altura, de poucos ocos cara o exterior, con muros de ata 3,5m de grosor e con marcas de canteiro en case cada pedra utilizada para a súa construción. O pazo dos Condes, foi construído entre o século XVI e comezos do XVII. Contigua conservouse, con proporcións máis reducidas que a da Homenaxe, a Torre das Damas, do século XIV. Nela descansa unha galería renacentista do pazo onde se atopa o coñecido como o balcón de don Pedro e columnas con escudos de armas das familias relacionadas cos condes de Monterrei. A fortaleza, onde se atopa o castelo, presenta un triplo recinto amurallado, formando todo un conxunto de evidente interese.

Na actualidade pódese visita-lo o conxunto da Acrópole con entrada ó interior da Torre da Homenaxe e da igrexa de Santa María de Graza. O pazo dos condes funciona como o Parador de turismo Castelo de Monterrei.

Camiños de Santiago

Vía da Prata

Declaración

Ben de Interese Cultural
Patrimonio cultural Civil Castelo, torre, fortaleza
Arriba
Axúdanos a mellorar!