ORTIGUEIRA-MERA

Espazos naturais
1983

Localización

A Coruña

As Pontes de García Rodríguez | As Somozas | Cariño | Cerdido | Ortigueira

Coordenadas:
43º 40' 37.3" N - 7º 51' 43.7" W

Descrición

Auga esmeralda
O río Mera, de apenas 30 km de lonxitude, acada a beleza final na formación da ría de Ortigueira. Acompáñano leitos doutros ríos menores que desaugan neste amplo val anegado e forman un labirinto acuático onde xogan as mareas. É un dos meirandes tremedais de Galicia. As entradas do mar permiten a navegación cautelosa ata o porto da vila, que complementa cos edificios modernistas do seu núcleo urbano estoutra arquitectura natural sobresaliente.
Todos os itinerarios pola costa conducen ata a praia de Morouzos. Tres quilómetros de areal que por unha banda conta cun sistema dunar propio refreado na actualidade por un piñeiral; e por outra, prolóngase nunha barra areosa tras a cal se ampara a enseada de Ladrido. En realidade, outra pequena ría formada pola desembocadura do río Baleo.
O conxunto péchase a pouca distancia da costa pola illa de San Vicente, testemuña de todo canto entra e sae polas canles do mar. Principalmente, os continxentes de numerosas especies avícolas que as marismas e xunqueiras poden chegar a albergar na época invernal.
Ademais o espazo natural amplíase cos ecosistemas fluviais de todo o ríoMera ata o seu nacemento na serra da Faladoira. Esta proximidade montañosa da beiramar é outro dos atractivos, xunto co importante patrimonio cultural, da zona.
Dentro deste espazo a ZEPA “Ría de Ortigueira e Ladrido” é un emprazamento perfecto para o avistamento de aves.

Acceso

Ortigueira na estrada AC-862 Ferrol-Viveiro. Desvío en Ponte Mera cara a Cariño e cabo Ortegal. Acceso por estrada local ata a praia de Morouzos.

Situación

No norte da provincia da Coruña, concellos costeiros de Ortigueira e Cariño e interiores de Cerdido, As Pontes de García Rodríguez e As Somozas.

Superficie

LIC: 3.795,09 ha.

Servizos

Aloxamento: Si.
Comer: Si.

Outras características

Avistamento de paxaros
Zona húmida (RAMSAR)
Zona ZEPA

Tamén che pode interesar

Natureza Espazos naturais ZEC - Rede natura 2000
Arriba
Axúdanos a mellorar!