Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
Parroquia: Doncos (Santiago)
27677 As Nogais - Lugo
Casa dos Pedrouzos é unha típica casa da arquitectura popular da montaña de Lugo. A súa construcción data de mediados do S.XIX e foi restaurada entre o 93 e 95 do S.XX, formando parte da oferta de Turismo Rural da Xunta de Galicia desde novembro de 1995.
Está ubicada na bonita aldea de Doncos, no concello de As Nogais (Lugo) na comarca de Ancares; moi preto de Pedrafita e O Cebreiro (entrada a Galicia do Camiño Francés), do Courel, do Bierzo (León) e a 60 km da cidade de Lugo.
Casa dos Pedrouzos está perfectamente equipada con todo o necesario para a estancia nela de 10 persoas (2 en cama supletoria). Alúgase completa, e por tanto está toda a casa a dispodición dos nosos clientes. Conta con 4 hab. 2 baños completos e un aseo, cociña-comedor, salón, despensa, galería de entrada, e porche na parte de atrás con grella e acceso a toda a finca. Boa calefacción , chimenea (estilo francesa), e cociña de ferro con leña gratis.
O lugar de Doncos segue tendo (algo) de vida rural, e polos seus camiños ainda se pode ver a actividade agro-gandeira dos veciños e veciñas dispostos sempre a botar unha paraloda ou a ofrecer a hospitalidade que nos caracteriza.
Tipo de cuarto | Número de cuartos | Número de prazas |
---|---|---|
Cuartos uso dobre | 3 | 6 |
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración