IGREXA DE SANTA MARÍA DO TEMPLE

Relixioso
1786
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Temple (Santa María)

Lugar: O Temple

Praza da Igrexa 7

15679  Cambre - A Coruña

Coordenadas:
43º 18' 57.0" N - 8º 21' 29.0" W

Descrición

Interesante igrexa románica do século XII, realizada en cadeirado de granito. Na súa sinxela planta dunha soa nave sobresae unha ábsida semicircular, decorada con sobrios canzorros. Armazón da cuberta en madeira a dúas augas que se cobre mediante bóveda de canón peraltada na ábsida, rematando en casca. Fachada austera na que destaca a decoración da porta principal, con lintel adornado por pequenas arcadas. Sorprenden os sólidos contrafortes dos muros laterais.

Acceso

Dende Cambre dirección A Coruña por O Burgo. Pasada A Barcala áchase a ponte medieval de O Burgo - Temple. Antes de cruzalo a 50 m a man dereita está a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Estilos

Románico
Arriba
Axúdanos a mellorar!