IGREXA DE SANTA OLAIA DE LIMODRE

Relixioso
189
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Limodre (Santa Eulalia)

Lugar: O Camiño Grande

Estrada da Armada

15627  Fene - A Coruña

Coordenadas:
43º 26' 16.7" N - 8º 11' 06.0" W

Descrición

Igrexa de estilo barroco, de tipoloxía rural moi difundida pola bisbarra. Planta de cruz latina. A fachada principal concentra os elementos ornamentais. Así, a porta de entrada, rectangular, conta cunha pequena ventá que deixa pasar a luz ao interior. A cornixa dispón de pináculos que rematan en bólas. A espadaña sobresae, rompendo a horizontalidad visual, e contrasta as súas pezas de pedra á vista cos panos de fachada laterais, revogados e caleados. Tamén nos esquinais resaltan as pezas á vista.

O crego Fernán Gómez das Seixas funda en 1604 unha capela en Limodre que podería coincidir con esta igrexa. O material de construción é o granito, que imprime, incluso nestas igrexas rurais de pequeno tamaño, un carácter de solidez, monumentalidade e grandiosidade.

Acceso

Dende Fene, pola estrada AC-133 cara a Mugardos. Pasar Perlío, Barallobre ata Maniños. No cruzamento coller o desvío da esquerda cara a Limodre e a 2 km seguir pola rúa Campanario; a 1km está a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba