CASA DE PARDO LABARTA

Civil
1130
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: Porta do Sol 11

36202  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 16.0" N - 8º 43' 31.9" W

Descrición

Edificio proxectado en 1911 por Jenaro de la Fuente Domínguez. Foi edificado polo mestre canteiro José Araujo Pérez para o rico comerciante Pardo Labarta. Este edificio ten cinco plantas, un faiado e tres fachadas. O seu estilo é ecléctico aínda que con elementos modernistas como o gran van central do primeiro piso (partido en tres); arcos coa forma de omega no terceiro piso; e elementos variados como cintas, chamas, formas vexetais e florais. Hai que destacar unha galería central, aberta de pedra, e os dous corpos laterais sobresaíntes, con vans alongados nos seus ocos e moi ornamentados.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!