O OENACH ATLÁNTICO DE NARÓN

Festas de interese turístico
2562
No Camiño de Santiago
Datas de celebración: 29/07 - 29/07

Localización

Parroquia: Sedes (Santo Estevo)

Narón - A Coruña

Descrición

Trátase dunha recreación dunha aldea castrexa e conforma un evento multidimensional con base etnográfica e antropolóxico-cultural que tenta recrear as raizames da cultura e xeitos de vida rurais a partir da cultura castrexa. O festival Oenach emprega unha didáctica museística dinámica e viva, centrada na veciñanza da parroquia de Sedes como dinamizador esencial.
O Oenach Atlántico nace na localización da parcela da Feira do Trece, con centos de anos de antigüidade, de gran relevancia na comarca e que durante o florecemento das feiras da segunda metade do século XX chegou a congregar a máis de 23 mil persoas ao longo dos dous días que duraba. Era un lugar de encontro no territorio das comunidades veciñais que nese espazo trocaban e comerciaban, realizaban tratos e pactos e resolvían conflitos, ao tempo que fortalecían os vínculos familiares e veciñais, celebraban xogos e desenvolvían rituais máxico-relixiosos colectivos.
O Oenach inclúe diversas actividades como o acendido do lume, que consiste no acendido de lumes naturais dentro de cuncos de ferro e mais a realización dun espectáculo musical de dúas horas no que se mestura a danza e que se celebra no lusco-fusco do primeiro día.
Tamén se fai unha recreación museística viva dunha aldea castrexa coa construción dun grupo de pallozas nas que se expoñen útiles de cerámica castrexa, cantaría, muíños, etc. Recréase teatralmente a vida cotiá e realízanse tarefas cos obxectos da época. Tamén se celebra unha feira de artesanía galega na que participan uns 40 artesáns e unha feira rural con produtos do agro e mercado aberto, no que se desenvolve a tradicional Feira do Trece de Sedes durante o domingo.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Festas Festas de interese turístico Festas de Galicia de interese turístico
Arriba
Axúdanos a mellorar!