MUSEO URBANO LUGRÍS

Museos e coleccións
729

Localización

Parroquia: Malpica de Bergantiños (San Xulián)

Lugar: Malpica

Rúa: Casa do Pescador. Rúa Eduardo Vila Fano s/n

15113  Malpica de Bergantiños - A Coruña

Coordenadas:
43º 19' 25.1" N - 8º 48' 36.2" W

Descrición

Dentro da Casa do Pescador, os cadros están repartidos polas dependencias da Confraría de Pescadores, o Fogar do Pensionista e o Bar Pescador. O pintor surrealista coruñés Urbano Lugrís (1908- 1973) pintou cinco frescos e tres trípticos para a inauguración da Casa do Pescador durante a súa estadía en Malpica nos anos 50. Urbano Lugrís inspirábase no mar, en concreto no mar de Malpica e a vida desta vila mariñeira está presente nas súas obras, unha homenaxe ás illas Sisargas e aos mariñeiros malpicáns. Para ver todos os cadros é preciso visitar a Casa do Pescador no horario da Confraría por ser o máis limitado.

Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Arriba
Axúdanos a mellorar!