MUÍÑOS DA CARBALLA

Etnográfico
1131

Localización

Parroquia: Fao (Santa Uxía)

Lugar: O Arroeiro

15822  Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 51' 27.8" N - 8º 16' 50.3" W

Descrición

Constitúe un conxunto de dous muíños de titularidade veciñal, totalmente rehabilitados e onde se pode apreciar a distribución. Presenta tódalas artes das que constaba un muíño.

Acceso

En automóbil son 4,9 quilómetros, uns 6 minutos dende a capital municipal, Fonte Díaz, pola AC-240 dirección Ponte Ulla collemos á esquerda a estrada que leva cara a parroquia de Fao e seguimos durante 3 quilómetros. No cruzamento de Fao, coller á esquerda, cara a parroquia de Cornado e tras percorrer 2 quilómetros nunha curva, existe unha sinalización que indica unha ruta de sendeirismo que pasa polo recurso. Dende aquí continuamos a pé pola marxe esquerda do río Lañas ata encontrar os muíños.
A pé serían uns 45 minutos, 3,6 quilómetros, e sería case o mesmo percorrido, agás que no lugar de Mourelos de Abaixo, habería que xirar á dereita e continuar uns 600 metros, no lugar de Bustelo xirar outra vez á dereita e continuar ata ver a sinalización que indica unha ruta de sendeirismo que pasa polo recurso. Dende aquí continuamos a pé pola marxe esquerda do río Lañas ata encontrar os muíños.
Arriba
Axúdanos a mellorar!