O COITELO

Áreas de recreo e miradoiros
8868

Localización

Parroquia: Loiba (San Xulián)

Rúa: Costa Brava

15339  Ortigueira - A Coruña

Coordenadas:
43º 44' 39.4" N - 7º 45' 08.8" W

Descrición

Este espectacular miradoiro presume de ter o mellor banco do mundo dende onde se poden contemplar os cantís de Loiba e a boca da ría cos cabos Ortegal e Estaca de Bares nos extremos.
Nesta zona, pertencente ao territorio do Xeoparque Cabo Ortegal, os arcos rochosos atópanse en metavulcanitas, que alternan cun gran número de illotes e praias, de area ou de cantos.
Este miradoiro é un dos maiores atractivos da etapa 7 do Camiño Natural da Ruta do Cantábrico.
Arriba
Axúdanos a mellorar!