PR-G 7 RUTA DO FARO

Sendeirismo
2384
No Camiño de Santiago

Localización

Pontevedra

Rodeiro

Lugo

Carballedo | Chantada

Ourense

San Cristovo de Cea

Coordenadas:
42º 40' 03.6" N - 7º 53' 25.1" W
42º 34' 42.6" N - 7º 55' 50.1" W

Descrición

Realizar esta rota de sur a norte pola Serra do Faro permite gozar de amplas panorámicas en días despexados. O punto de partida ao sur, márcao o sinal que separa as provincias de Pontevedra, Lugo e Ourense na estrada PO-1302. A senda iníciase por unha pista e segue cara ao norte por unha devasa que percorre os cumios desta pequena serra compartida polas provincias de Pontevedra e Lugo.

Raque, O Marco, Penas Grandes, Pena Maior, Faro... cumes e lugares que acadan e, ás veces, superan os 1.100 m de altitude. É curta a distancia que separa o Monte Faro (1.181 m) da capela do mesmo nome, coñecida polas peregrinacións que teñen lugar o 8 de setembro, cando miles de devotos acoden a pregarlle pola súa saúde a Nosa Señora do Faro e celebran unha romaría na que non faltan o polbo e a carne ao caldeiro.

A situación deste cume no centro de Galicia, arrodeado por terras baixas e sucado por xigantes de pas brancas, agasalla ao visitante con fermosas vistas e permite realizar variados percorridos con bicicleta.

Acceso

Dende Rodeiro seguindo a estrada PO-6202 a Oseira ata chegar ao Marco no límite do concello. Seguindo a estrada PO-533 ou a CG-2.1 ata o Alto do Faro.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata

Lonxitude

12,2 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Estrada C-533 no Alto do Faro, entre Chantada (Lugo) e Rodeiro (Pontevedra). - UTM: 29T X:591050 Y: 4724730
Punto de partida: Estrada PO-1302 Oseira - Rodeiro, nun punto preto do lugar onde se unen os concellos de San Cristovo de Cea (Ourense), Carballedo (Lugo) e Rodeiro (Pontevedra) - UTM: 29T X:587870 Y: 4714780

Percorrido

O Marco, Penas Grandes, Pena Maior, Faro, Ermida do Faro, Campo da Festa, Coto das Gambas,O Marco, Alto do Faro.

Dificultade

Media

Duración

4 horas.

Material

Calzado de montaña, auga, comida e indumentaria deportiva e roupa de abrigo.

Servizos

En Rodeiro e en Oseira

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto parcialmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

Nº 122-IV Ventosa, 154-ll Rodeiro e 154-IV Oseira

Máis información

Casa do Concello de Rodeiro

Tel: 986 790 009
www.rodeiro.gal

Federación Galega de Montañismo

Tel.: 986 208 758
Fax: 986 207 407
sendeirismofgm@yahoo.es
www.fgmontanismo.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese paisaxístico

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!