FARO DE PUNTA ROBALEIRA

Civil
2909

Localización

Parroquia: O Hío (Santo André)

Lugar: Donón

36945  Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 15' 02.1" N - 8º 52' 21.7" W

Descrición

Situado entre Cabo Home e punta Subrido, é o segundo dos faros que se atopa no extremo de Cabo Home, moito máis achatado que o anterior. Consta dunha torre cilíndrica en pedra, cunha pequena terraza con vistas á ría. A súa cor vermella faino facilmente identificable.
É de propiedade pública e data do 1918. Pódese acceder a el sen ningunha dificultade a pé, por calquera das sendas que discorren por Cabo Home, estando a pouca distancia do faro de Cabo Home.
A súa luz emite cun alcance de 12 km.
Arriba
Axúdanos a mellorar!