ILLA COELLEIRA

Civil
3655

Localización

Parroquia: O Vicedo (Santo Estevo)

Lugar: O Vicedo

27868  O Vicedo - Lugo

Coordenadas:
43º 45' 31.7" N - 7º 37' 53.1" W

Descrición

Illa que non é posible visitar. Recoméndase a vista desde a ruta de sendeirismo Costa de O Vicedo, relativamente cerca e que permite admirar a beleza desta illa.
Está sita fronte á Punta do Embarcadoiro, a uns 500 m da costa. Presenta forma de trapecio irregular cunha extensión de 26 ha e unha altitude máxima de 82 m, onde se atopa o faro.
A parte do Norte ao Noroeste é escarpada e a do Sur, baixa; ao Este atópase a Punta de San Antonio, con pequenos illotes, logo unhas entradas ao mar; ao Nornoroeste o illote de Cabaliño, que, en marea baixa, está unido á Coelleira; seguen os illotes de Percebosa ou Percebellosa; ao oeste, os illotes de Carabelas e ao Sur atópase a punta de Cruz de Liñeira. Pódese atracar á illa polo Portiño, sito ao Sudoeste, e por o Liñeiro, que se atopa ao Leste.
Entre a fauna que a poboa, ademais dos coellos que lle deron o nome, hai que destacar o gran interese ornitolóxico da illa; xa que nela situase unha das contadas colonias de pardela cincenta (Calonectris diomedea) nidificantes en Galicia, así como ducias de parellas de gaivota patiamarela (Larus michahellis) e tamén tres de corvo mariño moñudo (Phalacrocorax aristotelis).
Tamén é zona de paso de decenas de miles de aves migratorias que desde Islandia, Groenlandia e o norte de Europa voan cara África, sendo o mascato atlántico (Morus bassanus), o negrón común (Melanitta nigra) e a pardela pichoneta (Puffinus puffinus) as especies máis numerosas, aínda tamén detéctanse números altos de págalos, charráns, gaivotas, limícolas, álcidos e outras aves acuáticas, incluíndo a ameazada pardela balear (Puffinus mauretanicus).
Esta foi terra habitada e cultivable, onde vivían o fareiro e algunhas familias de agricultores. A illa quedou deshabitada desde que a abandonou o último fareiro non fai moitos anos.
Din que a illa tivo excelentes condicións para a agricultura e hai xente que recorda o excelente trigo que se cultivaba ata fai pouco e a excepcional brancura da súa fariña. Entre a interesante flora hai que destacar como curiosidade a denominada "herba da fertilidade" que din crece na mesma.

Acceso

Acceso complicado por mar xa que o porto natural é de difícil acceso para embarcacións de tamaño medio.
Arriba
Axúdanos a mellorar!