IGREXA DE SAN PEDRO DE BULSO

Relixioso
911

Localización

Parroquia: Bulso (San Pedro)

Lugar: O Campo

27422  Sober - Lugo

Coordenadas:
42º 25' 24.9" N - 7º 32' 27.9" W

Descrición

Igrexa do século XVII con nave rectangular e sancristía pegada ao muro norte do presbiterio. Ao exterior presenta pórtico pegado sobre columnas no muro norte. No exterior atópanse as escaleiras ó campanario, que é unha sinxela espadana de dous vans, rematado con cruz cristiá.
Os muros son de cachotería e pedra solta aínda que se revisten de pedras de cantería na fachada principal.. No lateral aséntase un soportal sobre columnas de granito, onde comezan as escaleiras. Fachada sen ornamentación.
No interior destaca o retablo maior, de principios do século XVIII.
Arriba
Axúdanos a mellorar!