IGREXA DE SAN XOAN DE BARANTES

Relixioso
918

Localización

Parroquia: Barantes (San Xoán)

Lugar: Barantes de Arriba

27421  Sober - Lugo

Coordenadas:
42º 25' 10.0" N - 7º 34' 45.9" W

Descrición

Igrexa totalmente remodelada como consecuencia dun incendio acontecido a finais do século pasado (XIX). A igrexa conserva única e exclusivamente unha portada medieval con ornamentación xeométrica. As columnas do pórtico lateral son do século XVI- XVII.
Está situada no núcleo de A Cal próximo as vivendas tradicionais onde a actividade predominante é a agrícola. Muros de cantería. Consta de unhas escaleiras exteriores de acceso ó campanario, espadana de grandes dimensións con tres arcos de medio punto, un superior máis pequeno e dous inferiores , que albergan unha campá cada un. A fachada remata nos seus laterais con pináculos de pedra. Escaseza de ornamentación.
Arriba
Axúdanos a mellorar!