CAPELA DA BARCA

Relixioso
998

Localización

Parroquia: Anllo (Santo Estevo)

Lugar: A Barca

27466  Sober - Lugo

Coordenadas:
42º 25' 27.0" N - 7º 39' 42.0" W

Descrición

Capela de planta cadrada, con muros de sillería. Destaca polo entorno no que se atopa, na confluencia do río Cabe e  o Sil repletos de terrazas de viñedo.
A Capela é sinxela e probablemente a súa orixe se perda na antigüidade mentras que hoxe vemos unha pequena edificación rectangular de mampostería do século XVIII.
A capela non destaca pola súa arquitectura, nin pola súa decoración, senón que o fai polo seu emprazamento que é único pola confluencia dos vales do río Sil e Cabe na zona profunda de grandes canóns naturais.
Atópase nun espazo natural, situada nun entorno privilexiado tanto pola súa calidade paisaxística coma pola súa abundante flora e fauna. Moi próxima á desembocadura do río Cabe co Sil. Nave dun so corpo, rectangular. Cuberta a dúas augas. Muros de cantaría pintados ó exterior. O frontal consta de porta e dúas fiestras pequenas a distintas alturas. Sobre a cuberta levántase un pequeno campanario, rematado con cruz cristiá.
Arriba
Axúdanos a mellorar!