EX-COLEXIATA DE SANTA MARÍA

Relixioso
2519
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Baiona (Santa María)

Lugar: Baiona

Praza Santa Liberata 1

36300  Baiona - Pontevedra

Coordenadas:
42º 07' 04.9" N - 8º 51' 02.0" W
+34 986 355 003
+34 986 355 003

Descrición

Iniciada a súa construción na 2ª metade do século XII, a maior parte da súa fábrica é do século XIV. Corresponde ao denominado estilo románico de transición, tamén denominado románico-oxival heteroxéneo con influencias cistercenses xa que foron os monxes da devandita orde moradores do Mosteiro de Oia os que culminaron a súa construción. A súa planta é basilical e consta de tres naves. As torres que se proxectan no seu exterior dotan o conxunto de certo aspecto de fortaleza. A portada principal é abucinada e presenta decoración a base de motivos xeométricos. Sobre ela disponse un rosetón sinxelo. Foi instituída Colexiata no ano 1482 polo Bispo Diego de Muros ata o ano 1850.

Acceso

Núcleo capital municipal.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!