IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE GARGAMALA

Relixioso
1068

Localización

Parroquia: Gargamala (Santa María)

Lugar: O Barro

36875  Mondariz - Pontevedra

Coordenadas:
42º 15' 35.0" N - 8º 26' 34.9" W

Descrición

Igrexa parroquial construída no século XVIII, 1752, polos Condes de Salvaterra, como dá boa conta un escudo de armas situado no testeiro da capela maior, que se presenta como unha das partes máis destacadas do edificio pola súa forma ameada. No interior da igrexa cabe resaltar as interesantes pinturas murais que datan da mesma data de edificación do templo, impregnadas dun barroquismo digno de admirar.
Arriba
Axúdanos a mellorar!