CAPELA DA NOSA SEÑORA DO PEGO

Relixioso
817

Localización

Parroquia: Parada (San Pedro)

Lugar: Parada

36558  Cerdedo-Cotobade - Pontevedra

Coordenadas:
42º 33' 15.9" N - 8º 21' 28.0" W

Descrición

Planta rectangular, dunha soa nave, con ábsida cadrada, en distinto nivel. Os muros son de cachotaría e cadeirado de granito, con cuberta de tella a dúas augas, asentada sobre madeira. A fachada principal ten porta con arco rebaixado e está rematada con espadana central dun só van.

Acceso

Pola N-541 de Pontevedra a Ourense, dirección Ourense, pasando Cercedo, en Folgoso desvío á esquerda pola estrada que vai a Parada.
Arriba
Axúdanos a mellorar!