IGREXA PARROQUIAL DE SANTIAGO EL MAYOR

Relixioso
1985
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Padrón (Santiago)

Lugar: Padrón

Praza Fillos e Amigos de Padrón, s/n

15900  Padrón - A Coruña

Coordenadas:
42º 44' 20.9" N - 8º 39' 42.0" W

Descrición

Reconstruída no s. XIX, pero consérvanse restos das edificacións primitivas, do templo románico queda unha inscrición e do gótico un púlpito pétreo. Ten unha nave de planta de cruz latina. A fachada ten unha porta coroada por un frontón triangular e, á súa vez, o conxunto está enmarcado por dous pares de pilastras que sosteñen outro frontón. Dispón de dous campanarios.
Ten unha ara romana baixo o altar coñecida como o "Pedrón", a onde os discípulos do apóstolo Santiago amarraron a barca que levaba o cadáver deste.

Acceso

No mesmo núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Arriba
Axúdanos a mellorar!