ILLA PANCHA

Civil
15970
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Vilaselán (Santa María)

27700  Ribadeo - Lugo

Coordenadas:
43º 33' 23.0" N - 7º 02' 29.8" W

Descrición

Esta illa alberga os dous faros de Ribadeo. O antigo, de planta cadrada e actualmente rehabilitado como aloxamento turístico, foi construído no século XIX e posteriormente substituído polo actual a finais do século XX. Este último, de maior alcance, érguese sobre unha torre circular de formigón decorada con franxas brancas e negras.
Segundo algunhas guías turísticas, está considerado como un dos faros máis fermosos de Galicia e tamén é o primeiro deles entrando nesta comunidade dende Asturias.
Forma parte da ruta dos Miradoiros.

Acceso

Partindo do porto deportivo de Porcillán, subimos pola avenida Calvo Sotelo para tomar posteriormente á man dereita a estrada do Faro. Pasamos por debaixo da ponte dos Santos e deixando atrás o castelo de San Damián continuamos 1,5 kms ata chegar ao faro.
Partindo do centro, tomaríamos a avenida Calvo Sotelo para, de seguido, tomar a estrada do faro que transcorre á beira da ría.
Se ben non está permitido o acceso público á illa, existe un miradoiro dende a costa  con fermosas vistas sobre os faros e sobre a bocana da ría.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte
Arriba
Axúdanos a mellorar!