CASTELO DE PAMBRE

Civil
6275
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Pambre (San Pedro)

27203  Palas de Rei - Lugo

Coordenadas:
42º 51' 34.9" N - 7º 56' 53.9" W
+34 628 262 251

Descrición

É o mellor exemplo de arquitectura militar medieval de Galicia. Foi construído por Gonzalo Ozores de Ulloa en torno a 1375.

De planta cadrada, e cercado por unha muralla de planta irregular que se adapta ao terreo. Os muros son de cachotaría e cadeirado de granito. O edificio central fórmano a torre, de planta cadrada, flanqueada por outras catro de menor tamaño, tamén cadradas, e que se localizan en cada un dos ángulos da maior e comunicadas entre si por unha muralla. Accédese ao patio interior por un portalón alintelado practicado na muralla.

No interior consérvase un hórreo de catro aires. É de planta rectangular, coa estrutura de granito e a balaustrada de madeira.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Camiño Primitivo

Declaración

Ben de Interese Cultural
Patrimonio cultural Civil Castelo, torre, fortaleza
Arriba
Axúdanos a mellorar!