#Metodoloxía Data de referencia: 2020-03-02

Preséntase a continuación una colección de datos extraídos do Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Galicia (REAT), baseados nos procedementos administrativos e os asentos rexistrais da Axencia Turismo de Galicia, dependente da Presidencia da Xunta de Galicia.

Esta explotación ten fins meramente informativos e estatísticos, mais non representa una reproducción íntegra dos datos oficiais do rexistro. En caso de atopar algún erro, agradecemos que o comuniquen a Turismo de Galicia.

Partindo do REAT, realízase imputación de valores e depuración de erros. Omítense desta publicación 36 rexistros dos que non consta denominación ou concello, ou ben carecen de dirección, parroquia e lugar.

O número de prazas dos establecementos está en proceso de depuración e é orientativo.

#Normativa * Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia. * Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega. * Decreto 57/2016, do 12 de maio, polo que se establece a ordenación dos establecementos hoteleiros. * Decreto 48/2016, do 21 de abril, polo que se establece a ordenación dos albergues turísticos. * Decreto 191/2004, do 29 de xullo, de establecementos de turismo rural. Decreto 142/2006, do 27 de xullo, de modificación do anterior. * Decreto 144/2013, do 5 de setembro, polo que se establece a ordenación dos campamentos de turismo en Galicia. * Decreto 52/2011, do 24 de marzo, polo que se establece a ordenación de apartamentos e vivendas turísticas na Comunidade Autónoma de Galicia. * Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. * Decreto 12/2017, do 26 de xaneiro, polo que se establece a ordenación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico na Comunidade Autónoma de Galicia. * Instrución interpretativa 1/2017, do 9 de maio, para a aplicación do Decreto 12/2017, do 26 de xaneiro, polo que se establece a ordenación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico na Comunidade Autónoma de Galicia.

#Definicións

####Hoteis Son hoteis aqueles establecementos que ofrezan aloxamento, con ou sen comedor e outros servizos complementarios, que ocupen a totalidade dun ou de varios edificios, ou unha parte independizada deles, cuxas dependencias constitúan unha explotación homoxénea, con entradas, escaleiras e ascensores de uso exclusivo, e que reúnan os requisitos técnicos mínimos en función da súa categoría, que se determinarán regulamentariamente.

####Pensións Son pensións aqueles establecementos que ofrezan aloxamento con ou sen comedor e outros servizos complementarios e teñan unha estrutura e unhas características que lles impidan acadar os requisitos e as condicións esixidas para os hoteis.

####Albergues turísticos Son albergues turísticos aqueles establecementos que ofrecen aloxamento por praza, maioritariamente en habitacións de capacidade múltiple, con ou sen servizos complementarios.

####Establecementos de turismo rural Son considerados establecementos de turismo rural aquelas edificacións situadas no medio rural que, polas súas especiais características de construción, localización e singularidade ou antigüidade, prestan servizos de aloxamento turístico. Sen prexuízo do establecido na normativa urbanística, estes establecementos poderán estar situados en solo de núcleo rural, en asentamentos tradicionais de menos de 500 habitantes cuxo solo estea clasificado como solo urbano ou en solo rústico. En calquera caso, será aplicable o previsto na normativa urbanística e nos instrumentos de planeamento urbanístico en vigor.

####Campamentos de turismo Considérase campamento de turismo o establecemento de aloxamento turístico que, ocupando un espazo de terreo debidamente delimitado e dotado das instalacións e dos servizos que se establezan regulamentariamente, estea destinado a facilitar a estadía temporal en tendas de campaña, caravanas, autocaravanas ou calquera elemento semellante facilmente transportable, así como doutras instalacións estables destinadas ao aloxamento temporal que sexan explotadas polo mesmo titular do campamento.
Enténdese por instalacións estables, destinadas ao aloxamento temporal, as instalacións de elementos fixos prefabricados de madeira ou similares tipo cabana, bungalow ou outros elementos transportables e/ou desmontables, sempre que se trate de edificacións independentes ou pareadas, de planta baixa.

####Apartamentos turísticos Teñen a condición de apartamentos turísticos os inmobles integrados en bloques de pisos ou en conxuntos de unidades aloxativas tales como chalés, bungalows e aqueloutras edificacións semellantes que estean destinados na súa totalidade ao aloxamento turístico, sen carácter de residencia permanente. Cada unidade aloxativa estará dotada de instalacións e servizos adecuados para a conservación, elaboración e consumo de alimentos e bebidas.

####Vivendas turísticas Enténdese por vivendas turísticas os establecementos unifamiliares illados nos que se preste servizo de aloxamento turístico, cun número de prazas non superior a dez e que dispoñen, por estrutura e servizos, das instalacións e do mobiliario axeitado para a súa utilización inmediata, así como para a conservación, elaboración e consumo de alimentos dentro do establecemento.

####Vivendas de uso turístico Son vivendas de uso turístico as cedidas a terceiras persoas, de xeito reiterado e a cambio de contraprestación económica, para unha estadía de curta duración, amobladas e equipadas en condicións de inmediata dispoñibilidade e coas características establecidas por vía regulamentaria, coa peculiaridade de que poida ser ofertado por particulares na súa propia vivenda. Constitúen estadías de curta duración aquelas nas que a cesión de uso é inferior a trinta días consecutivos.

#Táboa resumo

Tipo / Categoría Establecementos Prazas
Albergues turísticos 424 14494
Non indica 75 3449
1ª categoría 8 365
2ª categoría 338 10604
Albergue de peregrinos do Camiño de Santiago 3 76
Apartamentos turísticos 293 10531
Non indica 5 4
1 Chave 212 6234
2 Chaves 55 2659
3 Chaves 21 1634
Campamentos turísticos 124 34263
Non indica 1 0
1ª Categoría 23 13880
2ª Categoría 100 20383
Hoteis 911 55864
Non indica 5 205
1 Estrela 314 10522
2 Estrelas 312 14836
3 Estrelas 155 12348
4 Estrelas 117 16333
5 Estrelas 8 1620
Pensións 1271 22403
Non indica 22 387
1 estrela 636 9872
2 estrelas 471 9198
3 estrelas 142 2946
Turismo rural 557 6896
Non indica 5 0
Grupo a 81 1384
Grupo b 398 4682
Grupo c 66 668
Grupo d 7 162
Vivendas de uso turístico 10464 53109
Non indica 10464 53109
Vivendas turísticas 225 1243
Non indica 225 1243

#Mapa

#Directorio





Albergues turísticos














Apartamentos turísticos














Campamentos turísticos














Hoteis














Pensións














Turismo rural














Vivendas de uso turístico














Vivendas turísticas