Vía da Prata, de Ourense a Santiago de Compostela

IVE
Transporte
Seguro de viaxe

Programa Completo

VÍA DA PRATA, DE OURENSE A SANTIAGO DE COMPOSTELA
A Vía da Prata (tamén coñecida como Camino Mozárabe) chega a Santiago de Compostela dende o sur.
A súa orixe remóntase á época romana, xa que era o camiño que se utilizaba para ir dende Mérida ata Astorga. Cobrou tal importancia que se convertiu na ruta que utilizaban os peregrinos que querían subir dende el sur ata Galicia.
Neste caso, presentámosvos os derradeiros 100 km deste precioso percorrido, dende Ourense a Santiago de Compostela.
  • Día 1Ourense
    Ourense é coñecida por ser unha famosa vila termal. As suas augas contan con numerosas propiedades beneficiosas para a saúde. Pero ademáis, non podemos esquecer que tamén é unha urbe cunha grande variedade en arte e patrimonio. É imprescindible visitar a sua catedral, e tamén disfrutar da súa magnífica oferta gastronómica. Chegada ó aloxamento por conta propia do cliente (consultar servicio de transfers). Aloxamento en Ourense.
  • Día 2Ourense - San Cristovo de Cea (22,3 Km Camino Oficial/ 21,1km variante por Canedo +/- 5 horas)
    Dificultade baixa. Iniciamos a etapa partindo da ponte romana da Ponte Vella en Ourense, sobre o Río Miño, un dos millor conservados de España. Nada máis empezar a camiñar, atoparemos unha forte subida. No día de hoxe, podemos escoller dúas rutas: a tradicional, por Tamallancos, ou a variante por Canedo. Con esta última, acórtase a etapa 1 km, pero está moito máis asfaltada. A etapa remata en San Cristovo de Cea, famoso por considerarse que ten o millor pan artesanal do mundo. Aloxamento en San Cristovo de Cea.
  • Día 3San Cristovo de Cea - Lalín (29 km +/- 7 horas)
    Dificultade alta. Hoxe atopamos a etapa máis dura en canto a kilómetros se refire de todo este camiño. Tamén é unha das máis verdes, montañosas e rurais, xa que nos adentramos de pleno nas paixases típicas galegas. Os máis intrépidos teñen a posibilidade de alongar inda máis a etapa desviándose para ver unha das xoias deste día, o Mosterio de Oseira. Seguimos hacia Castro Dozón e pomos rumbo hacia Lalín. Unha vez que cheguemos a Lalín, non podemos deixar de probar o seu famoso cocido para recuperar folgos. Aloxamento en Lalín.
  • Día 4Lalín - Bandeira (22,4 km +/- 5 horas)
    Dificultade baixa. Saimos de Lalín, punto onde nos atopamos cos peregrinos que proceden do Camiño de Inverno para ir rumbo a Bandeira. O terreno é máis suave, con poucos desniveis. Pasamos por Deza, unha coñecida comarca agrícola e cruzamos o río co mesmo nome. Antes de chegar a Silleda, está o bonito bosque de Trasfontao. Uns poucos kilómetros máis, e estaremos no noso destino de hoxe: Bandeira. Aloxamento en Bandeira.
  • Día 5Bandeira - Vedra (16,8 km +/- 4 horas)
    Dificultade media. Dirixímonos hacia Ponte Ulla, onde atopamos unha forte baixada por asfalto y despois a correspondente subida hacia Outeiro, pero moito menos pronunciada. Cruzando o río Ulla, entramos na provincia de A Coruña. A etapa é plácida e cómoda. Inda que os desniveis sexan frecuentes, son moderados. Finalmente, adentrámonos nun entorno plenamente rural en Vedra. Aloxamento en Vedra.
  • Día 6Vedra - Santiago de Compostela (16,7 km +/- 4 horas)
    Dificultade baixa. Pouco a pouco imos deixando atrás os entornos rurais de aldeas e bosques para adentrarnos nun entorno moito máis urbano conforme nos vamos achegando a Santiago. Son poucos os kilómetros que nos separan da nosa meta. Entramos á cidade a través da Ponte do Sar e nos diriximos hacia a Praza do Obradoiro, onde poderemos admirar a magnífica Catedral de Santiago. Aloxamento en Santiago.
  • Día 7Santiago de Compostela
    Día en Santiago de Compostela. Check out e fin dos nosos servizos.

Servizos incluídos

Aloxamento e almorzo en habitación dobre ou individual con baño

Transporte de mochilas para cada unha das etapas (max. 20Kg por mochila - 1 bulto por persoa) 

1 Visita guiada por Santiago (casco histórico): 2h  

Degustación de queixos galegos en Santiago (de Luns a sábados) 

Servicio de asistencia telefónica 24 horas. 

Mapas das Etapas 

Credencial Peregrino 

Vieira Peregrino 

Pulseira Rutas Meigas 

Seguro de Viaxe 

Servizos non incluídos

Todo o que non ven indicado no apartado inclue

Servizos non incluídos

Todo o que non ven indicado no apartado inclue
Arriba