27 Sep 2021

CURSO DE CONVERSA EN INGLÉS NO CAMIÑO DE SANTIAGO

Pechado

 "CONVERSAS NO CAMIÑO DE SANTIAGO"

 Para solicitar praza: PIQUE AQUÍ ( ate o 13  de setembro)

Curso 1: “Camiño Portugués”
Curso 2: “Camiño Portugués da Costa”
Curso 3: “Vía da Prata“
Curso 4: “Camiño Inglés”
Curso 5: “Camiño Primitivo”
Curso 6: “Camiño do Norte”
Curso 7:” Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla”
Curso 8: “Camiño de Invierno”
Curso 9: “Camiño Francés”
Curso 10: “Camiño de Fisterra e Muxía”

Programa

Este curso de idiomas enmárcase dentro do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2021, que persigue a mellora das competencias lingüísticas dos profesionais do sector turístico galego,  coa oferta de formación en diferentes linguas, para mellorar a calidade do servizo aos peregrinos e turistas que visitan Galicia no Xacobeo 21 22.

O programa práctico de  lingua inglesa  " Conversas en Inglés no Camiño de Santiago" está formado por un total de 10 cursos, con 2 grupos cada un,  pensado para manter conversas e practicar inglés, tanto para a atención ao cliente en xeral , como específico con vocabulario coas singularidades de cada Ruta do Camiño de Santiago.

METODOLOXÍA:
O curso realizaráse a través de teleformación, na que cada grupo se conectará á súa Aula Virtual para manter as clases de conversas.

Un total de 6 sesións, nas que 3 serán de Atención ao Cliente e outras 3 sesións espec´ficas de cada Ruta do Camiño de Santiago que se seleccione.

NIVEL DE IDIOMA MINIMO PARA CURSO:
Para a realización deste curso precísase un nivel mínimo de inglés medio. ( B1 ou nivel 5 de My English.)
Os alumnos deberán sinalar o seu nivel inglés cando realicen a solicitude, podendo escoller B1 ( medio)  ou B2-C1 (avanzado)
Cada alumna/o  unha vez seleccionada/o realizará unha proba de nivel.

DATAS:
Solicitude de praza: do 27 de agosto ao 9 de setembro
Confirmación admitidos: 14 septembro
Realizacion proba de nivel: entre o 15 e o 19 de setembro
Duración do curso: entre o 27 de setembro ao 9 de novembro
Proba final autoavaliación:  do 10 ao 12 de novembro

Nº PRAZAS TOTAIS: 200

DESTINATARIOS:
Persoal  do sector turístico galego que desempeñe o seu traballo con atención ao público e desexe mellorar o seu nivel inglés fapara comunicarse cos seus clientes e traballar o vocabulario de Atención ao Cliente e Camiño de Santiago.

REQUISITOS:
Estar a traballar  (empregado/autónomo) ou en situación de desemprego ou  ERTE debido á  crise da  COVID-19  no sector turístico de Galicia.

CERTIFICADO:
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia  de 6 horas de conversa en Lingua Inglesa no nivel que corresponda  as persoas que asisitan como nmínimo a 5 das 6 clases vistruais  en liña e superen o test de autoavaliación final.

PREZO DO CURSO:
O curso é gratuíto, financiado por Turismo de Galicia.
 
INSCRICIÓN:
Para solicitar praza: PIQUE AQUÍ ( ate o 13 de setembro)

Importante: Só se pdoerá inscribir en un curso. Si alguén se inscribe con 2 usuarios diferentes en máis dun curso será automáticamente movtivo de exclusión do mesmo.


CURSOS E HORARIOS:


Curso 1: “Camiño Portugués”
Clases: 27/9, 4/10, 11/12, 18/10, 25/10, 8/11
Horario: Grupo B1 ( 11:00 A 12:00 h) ; Grupo B2-C1 (16:00 A 17:00 h)

Curso 2: “Camiño Portugués da Costa”
Clases: 27/9, 4/10, 11/12, 18/10, 25/10, 8/11
Horario: Grupo B1 ( 12:00 A 13:00 h) ; Grupo B2-C1 (17:00 A 18:00 h)

Curso 3: “Vía de la Prata“
Clases: 28/9, 5/10, 19/10, 26/10, 2/11, 9/11
Horario: Grupo B1 ( 11:00 A 12:00 h) ; Grupo B2-C1 (16:00 A 17:00 h)

Curso 4: “Camiño Inglés”
Clases: 28/9, 5/10, 19/10, 26/10, 2/11, 9/11
Horario: Grupo B1 ( 12:00 A 13:00 h) ; Grupo B2-C1 (17:00 A 18:00 h)

Curso 5: “Camiño Primitivo”
Clases: 29/9, 6/10, 13/10, 20/10, 27/10, 3/11
Horario: Grupo B1 ( 11:00 A 12:00 h) ; Grupo B2-C1 (16:00 A 17:00 h)

Curso 6: “Camiño do Norte”
Clases: 29/9, 6/10, 13/10, 20/10, 27/10, 3/11
Horario: Grupo B1 ( 12:00 A 13:00 h) ; Grupo B2-C1 (17:00 A 18:00 h)

Curso 7:” Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla”
Clases: 30/9, 7/10, 14/10, 21/10, 28/10, 4/11
Horario: Grupo B1 ( 11:00 A 12:00 h) ; Grupo B2-C1 (16:00 A 17:00 h)

Curso 8: “Camiño de Invierno”
Clases: 30/9, 7/10, 14/10, 21/10, 28/10, 4/11
Horario: Grupo B1 ( 12:00 A 13:00 h) ; Grupo B2-C1 (17:00 A 18:00 h)

Curso 9: “Camiño Francés”
Clases: 1/10, 8/10, 15/10, 22/10, 29/10, 5/11
Horario: Grupo B1 ( 11:00 A 12:00 h) ; Grupo B2-C1 (16:00 A 17:00 h)

Curso 10: “Camiño de Fisterra e Muxía”

Clases: 1/10, 8/10, 15/10, 22/10, 29/10, 5/11
Horario: Grupo B1 ( 12:00 A 13:00 h) ; Grupo B2-C1 (17:00 A 18:00 h)


Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal

 

Arriba