DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE TURÍSTICA SUSTENTABLE E AMBIENTAL NA RESERVA DA BIOSFERA GÊRES-XURÉS
Pechado
CURSO PECHADO
Acción formativa de desenvolvemento da actividade turística sostible e ambiental na Reserva da Biosfera Gerês-Xurés cunha duración de 12 horas dirixida a profesionais e técnicos de administracións e do ámbito da Reserva da Biosfera Transfronteriza Gerês-Xurés (RBTGX), profesionais de empresas e emprendedores turísticos locais, persoas de oficinas de información turística autonómica, local da zona e de ámbito empresarial, outras empresas relacionadas coa actividade da RBTGX e persoal docente do ámbito educativo da zona da Reserva.
Proxecto 0220_GERÊS_XURÉS_DINAMICO
DESTINATARIOS
- Profesionais e técnicos de administracións e do ámbito da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (turismo, medio-ambiente, GAL, …)
- Profesionais de empresas e emprendedores turísticos locais no ámbito da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés
- Persoas de oficinas de información turística autonómica, local da zona e de ámbito empresarial
- Outras empresas relacionadas coa actividade da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés
- Persoal docente do ámbito educativo da zona da Reserva
DATAS
28 e 29 de novembro de 2017 (martes e mércores)
LUGAR
Centro de Visitantes Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Estrada de Portugal, 34
32870 Lobios
IMPARTE
Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER). USC.
Programa
Martes. 28 de novembro
10:00 - 11:00 horas Definicións de turismo de natureza e de ecoturismo
11:00 - 12:00 horas Actores implicados no desenvolvemento turístico dos espazos naturais protexidos
12:00 - 12:15 horas Pausa
12:15 - 13:00 horas Clasificación da actividade turística (recreativa e deportiva) en Espazos Protexidos
13:00 - 14:00 horas Carta Europea de Turismo Sustentable (CETS) en Espazos Protexidos
14:00 - 16:00 horas Xantar
16:00 – 18:00 horas Carta Europea de Turismo Sustentable (CETS) en Espazos Protexidos (cont.)
Mércores 29 de novembro
10:00 - 11:00 horas Áreas protexidas e actividades de uso público: Áreas protexidas: definición, tipoloxía e obxectivos
11:00 - 12:00 horas Áreas protexidas e actividades de uso público: Uso público e planificación en áreas protexidas
12:00 - 12:15 horas Pausa
12:15 - 14:00 horas Áreas protexidas e actividades de uso público: A Reserva da Biosfera Transfronteiriza
14:00 - 16:00 horas Xantar
16:00 – 18:00 horas Efectos da actividade turística sobre o medio natural:
- Identificación e valoración de impactos
- Concepto de capacidade de carga
- Adecuación das medidas de xestión do uso público
Curso cofinanciado pola U.E. no marco do Programa de Cooperación Transfronteiriza INTERREG V-A (POCTEP).