04 May 2020

WEBINAR "TÉCNICAS PARA O RELATO CULTURAL E DIVULGATIVO"

Pechado

 


Técnicas para o relato cultural e divulgativo

 

Programa

 

A Consellería de Cultura e Turismo a través do CSHG, no marco do seu Plan de Formación Permanente do Sector, en  modalidade de teleformación, inclúe  dúas sesións específícas co obxectivo de que os profesionais  do Turismo Cultural de Galicia podan  mellorar as súas competencias divulgativas tanto presenciais como en redes sociais.

A cultura é un dos elementos de valor máis importantes nunha sociedade. Mesmo dende o punto de vista do turismo, o valor engadido do substrato cultural supón unha parte clave deste sector no noso país, ademais de ser un valor diferenciado.

Secasí, o relato co que se transmite a cultura segue a preservar certos recursos tradicionais e a súa difusión e relato inda están anticuados na súa forma e transmisión. Neste webinar propoñemos un achegamento máis fresco e informal á construción do relato cultural, sen perder por iso o rigor preciso para unha correcta divulgación.

Obxectivos:

- Estudar a construción do relato cultural e a súa modulación para facelo máis accesible e atractivo
- Aprender a empregar diferentes técnicas divulgativas que faciliten o acceso ao coñecemento cultural
- Enriquecer o relato do turismo cultural con modelos de éxito na divulgación
- Poñer en práctica estratexias divulgativas presenciais

 

DATA: Luns, 4 de maio  ás 17:00 h.

Nº PRAZAS: 150

RELATOR: Miguel Ángel Cajigal Vera

Historiador da arte: investigador, docente e divulgador cultural. Traballa como técnico do Servizo de Educación e Mediación da Cidade da Cultura e desenvolve a súa actividade divulgadora como El Barroquista  (@elbarroquista) nas diferentes redes sociais e no programa “Galicia por Diante” da Radio Galega. É membro do ICOMOS, o ICOM e Guía Oficial de Galicia.


DESTINATARIOS:
Guías e profesionais do sector do turismo, especialmente do turismo cultural, que teñan interese en profundar nas técnicas narrativas e na construción do relato divulgativo para desenvolver o seu perfil e destrezas profesionais. Tamén pode ser útil para profesións de diferentes contornas da cultura: turismo cultural, espazos culturais ou patrimoniais, museos, empresas culturais, bibliotecas, arquivos, etc.


PREZO DO CURSO:

O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación

INSCRICIÓN:
Pode facer a súa inscrición neste formulario: PIQUE AQUÍ
Máis información:  formacioncontinua@cshg.es ou tlf. 690 70 46 18

 

Arriba