26 May 2020

FORMACIÓN MEDIDAS PREVENTIVAS ANTE A COVID-19 PARA O SECTOR TURÍSTICO GALEGO

Pechado


O pasado 25 de maio Turismo de Galicia presentou os 11 Manuais  de medidas preventivas ante a COVDID-19 para o Sector Turístico Galego.

 

Nesta acción formativa participaron  unha representación das e dos expertos que coordinaron a súa redacción e responderon algunhas dúbidas dos máis de 1.000 participantes que rexistrou a actividade. 

 

Pode acceder en diferido a o WEBINAR:

WEBINAR PROFESIONAL MANUAIS DE MEDIDAS PREVENTIVAS ANTE A COVID-19 PARA O SECTOR TURISTCO- 25 MAIO

 

 

Unha vez presentados os Manuais ao sector, estase a traballar nun Plan de formación específico con 500 accións formativas previstas que se coordinarán en colaboración co sector, a través das Asociacións provinciais e organismos sectoriais, e o Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) da Xunta de Galicia.

 

Esta formación, de carácter voluntario, pretende que o sector do Turismo de Galicia estea formado en materia de seguridade e prevención ante a COVID-19 para facer de Galicia un destino seguro.

 

Toda a información dos cursos estará dispoñible nesta páxina a medida que esté dispoñible.

 

Para calquera dúbida envíe un correo a formacioncontinua@cshg.es

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Arriba