CURSO DE FINANZAS PARA O SECTOR TURÍSTICO
Pechado
CURSO DE FINANZAS PARA O SECTOR TURÍSTICO
CURSO COMPLETO
Programa
Entre os obxectivos do Plan de Formación para a reactivación trala COVID-19 impulsado por Turismo de Galicia, está facilitarlle ás empresas do sector ferramentas que lle permitan mellorar a súa xestión, entre as que se identificaron as tecnolóxicas, financeiras ou de comunicación entre outras. Por ese motivo ofrécese un curso práctico para dar a coñecer as ferramentas básicas das finanzas corporativas para poder facer análise e planificación financeira de cada negocio e analizar a súa viabilidade actual e futura.
METODOLOXÍA
Curso de 40 horas a través da plataforma de teleformación de Turismo de Galicia, con flexibilidade de horarios. O curso consta ademais de 4 titorías en liña voluntarias.
CONTIDOS
Tema 1. Fundamentos de finanzas
1.1. Introdución
1.2. Que son as finanzas?
1.3. O departamento de finanzas na empresa
1.4. A función financeira, a dirección financeira e as decisións financeiras
1.5. O obxectivo financeiro da empresa
1.6. Concepto e funcións dun sistema financeiro
1.7. Elementos que conforman un sistema financeiro
1.8. A actividade bancaria: Produtos de pasivo e produtos de activo
1.9. A estrutura actual do sistema financeiro español
Tema 2. Introdución ao cálculo financeiro
2.1. O valor do diñeiro no tempo
2.2. Leis financeiras de capitalización
2.3. Leis financeiras de desconto
2.4. Tipos de interese equivalentes
2.5. Rendas financeiras e a súa avaliación
2.6. Préstamos financeiros
Tema 3. As decisións de investimento na empresa
3.1. O investimento como proceso temporal e os parámetros que o definen
3.2. Criterios aproximados de avaliación de investimentos
3.3. Métodos dinámicos de avaliación e selección de investimentos
3.3.1. O criterio do “ payback” descontado
3.3.2. O valor actual neto (VAN)
3.3.3. O índice de rendibilidade (IR)
3.3.4. A taxa interna de rendibilidade (TIR)
3.3.5. Comparación entre os criterios do VAN e a TIR
Tema 4. As decisións de financiamento na empresa
4.1. Estrutura financeira da empresa
4.2. Financiamento propio
4.3. Financiamento alleo
4.4. As subvencións
4.5. O custo de capital
DATAS
Do 30 de novembro ao 15 de xaneiro
Data límite inscrición: 25 de Novembro
Sesións e Titorías en liña:
· Luns 30 de novembro 2020 ás 12:00 horas: Sesión de presentación do curso
· Xoves 10 de decembro 2020 ás 13:00 horas: tema 1
· Luns 21 de decembro 2020 ás 12:00 horas: tema 2
· Mércores 30 decembro 2020 ás 12:00 horas: tema 3
· Luns 11 de xaneiro 2021 ás 12:00 horas: tema 4
Nº PRAZAS: 20
FORMADOR: José Luís Sieira López
Licenciado en Ciencias Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) , Máster en Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Vigo, Máster en Auditoría de Contas pola USC. Ten experiencia acumulada de máis de 20 anos como profesor de finanzas, sendo responsable do Departamento de Administración de Empresas do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG) e Profesor asociado de Finanzas no departamento de Economía Financiera e Contabilidade da USC.
DESTINATARIOS
Profesionais do sector turístico vinculados á xestión empresarial que desexen mellorar os seu coñecemento e aplicación de ferramentas de xestión financeira
REQUISITOS
Coñecementos previos de Microsoft Excel e de xestión de empresas
CERTIFICADO
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia de 40 horas de formación, as persoas que participen no 75% das tutorías online e superen o cuestionario de autoavaliación ao rematar o curso.
PREZO DO CURSO
O curso é gratuíto. Inclúe participación nas titorías grupais, as titorías escritas e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación.
INSCRICIÓN
Máis información: formacion.turismo@xunta.gal