30 Nov 2020

WEBINAR APLICACIÓN DA INNOVACIÓN NO SECTOR TURÍSTICO

Pechado

Webinar  Aplicación da innovación no sector turístico

 

 

Programa

 

Entre os obxectivos do Plan de Formación para a reactivación trala COVID-19 impulsado por Turismo de Galicia, está o facilitarlle  ás empresas do sector turístico ferramentas que lle permitan mellorar a súa xestión, entre as que se identificaron as tecnolóxicas, financeiras ou de comunicación entre outras. Por ese motivo púxose en marcha o Plan de Formación de transformación dixital no sector turístico,  no que se enmarca esta actividade formativa dun total de 11 programadas entre os meses de novembro e xaneiro.

 

Se o século  XX foi o século da calidade empresarial, o século  XXI esíxenos un novo enfoque centrado na creatividade e como aplicar a innovación de maneira sinxela e práctica. Necesitamos unha folla de ruta realista que axude ás PEMES para integrar no seu ADN a innovación. Innovar en modelo de negocio, en servizos, en produto, etc. convértese hoxe nunha necesidade se queremos mirar con optimismo o “futuro de Hoxe”.


OBXETIVOS

Coñecer de maneira moi práctica como podemos innovar na empresa
Coñecer técnicas creativas como  Speed  Thinking para xerar ideas
Establecer unha folla de ruta de innovación realista adaptada á empresa


DATA: Luns, 30 de novembro  ás 11:00 h

Nº PRAZAS: 150



RELATOR: Jimmy  Pons

Consultor e emprendedor en proxectos de e- commerce na internet e turismo desde 1997. É  Master en Xestión Empresarial Medio Ambiente  e ten máis de 20 anos de experiencia  en márketing dixital e innovación no Sector Turístico, alén de dedicarse  á formación no sector turístico impartindo clases en institucións como EOI,  EDEM,  ESCP  Europe e  é Director de  masters de turismo sobre: Innovación, Marketing dixital, sustentabilidade,  mindful Travel. É o creador do concepto  Mindfulness Executivo

DESTINATARIOS

Emprendedores turísticos, directivos, xefes de equipo ou departamento de empresas turísticas e hostaleiras, propietarios, profesores e consultores en turismo e hostalería 




 

PREZO DO CURSO

O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación



 

INSCRICIÓN

Máis información:  formación.turismo@xunta.gal 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Arriba