14 Dec 2020

Obradoiro sobre a proposta de Valor nas empresas turísticas

Pechado

Obradoiro sobre a proposta de Valor nas  empresas turísticas

 

 


Programa

 

Ante as circunstancias provocadas pola situación derivada da COVID 19, que está levando a unha boa parte do sector turístico e hostaleiro a unha situación económica complexa, Turismo de Galicia (a través do CSHG) quere poñer os seus recursos á disposición do sector para colaborar na toma de medidas que permitan ás empresas afrontar a situación en mellores condicións.

Unha das medidas a poñer en marcha é un Programa de Reconversión e Adaptación das Empresas Turísticas, a través de diferentes obradoiros, destinados empresarios do sector que están interesados es revisar os seus modelos de negocio co fin de buscar solucións para afrontala crise.

No Obradoiro de  Proposta de Valor, cada participante poderá traballar no modelo da súa empresa e  facer unha análise detallada das necesidades do cliente co obxectivo de definir unha estrutura  de produtos e servizos que satisfagan esas necesidades na era Post Covid-19.
 

A estrutura da Proposta de Valor consta de dúas partes:
 

Perfil do cliente

  • Aclara a comprensión que se ten sobre el (en cada un dos contextos de compra). Está estruturado en:
  • Traballos do cliente: Describen aquilo que tentan resolver na súa vida persoal e laboral tal e como o expresan coas súas propias palabras.
  • Alegrías: describen os resultados que queren conseguir os clientes ou os beneficios concretos que buscan.
  • Frustracións: describen os malos resultados, riscos e obstáculos relacionados cos traballos do cliente.

 

Mapa de valor

  • Describe como os produtos e servizos crean valor para ese segmento/contexto do cliente.
  • Produtos e servizos: comézase por unha lista de todos os produtos e servizos ao redor dos que se constrúe unha proposta de valor para un contexto determinado de compra.
  • Creadores de alegrías: que describen como os produtos e servizos da empresa crean alegrías ao cliente nese contexto.
  • Aliviadores de frustracións: describen como os produtos e servizos aplacan as frustracións do cliente.

Tratárase de facer o encaixe entre os dous , tentando que mapa de valor proposto solucione as necesidades e inquietudes máis importantes que ten o cliente neste contexto post COVID19, xa que lle que as variantes externas fan que cada negocio sexa diferente.

 
DESTINATARIOS

Destinado a empresas do sector turístico e hostaleiro e empresas tecnolóxicas e de servizos que presten apoio ás mesmas e que desexen redefinir a súa situación de cara a afrontar a crise orixinada pola COVID.
Os participantes nos obradoiros deberán ser persoas con responsabilidade na toma de decisión dentro da empresa. É recomendable para facelo ter realizado previamente o  Obradoiro de Mapa de Procesos e/ou Modelo de Negocio.



METODOLOXÍA
Os obradoiros de Mapa de procesos realizaranse en 2 sesións de 4 horas cada unha de forma telepresencial en grupos reducidos
 
O obradoiro desenvolveranse  cunha breve presentación das sesión e o  desenvolvemento práctico do contido.

CERTIFICADO

Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia

PREZO DO CURSO


O curso é gratuíto. Inclúe as 2 sesións de formación e material formativo documental

 

INSCRICIÓN
Máis información: formacion.turismo@xunta.gal

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Arriba