22 Jan 2021

WEBINAR “INBOUND MARKETING E ESTRATEXIA DE CONTIDO”

Pechado

WEBINAR “Inbound marketing e estratexia de contido”

 

 

Programa

 

Entre os obxectivos do Plan de Formación para a reactivación trala COVID-19 impulsado por Turismo de Galicia, está o facilitarlle  ás empresas do sector turístico ferramentas que lle permitan mellorar a súa xestión, entre as que se identificaron as tecnolóxicas, financeiras ou de comunicación entre outras. Por ese motivo púxose en marcha o Plan de Formación de transformación dixital no sector turístico,  no que se enmarca esta actividade formativa dun total de 11 programadas entre os meses de novembro e xaneiro.

A atracción dos usuarios na internet depende de  que tan  atractivo resulta o noso contido así como da correcta execución das técnicas que utilizamos para atraer a atención sobre o noso negocio. As redes sociais son o principio, pero a clave reside na conversión de todas esas visitas en clientes e é o  inbound a estratexia transversal que atrae, xera e converte clientes.

 

OBXETIVOS

Aprender a identificar as palabras clave polas cales está a buscar o cliente o meu negocio.
Coñecer a metodoloxía de  inbound márketing, a creación de circuítos, formatos e calendarios de contidos.
Coñecer onde ten que estar a miña empresa na contorna dixital e en que momento preciso, para conseguir a venda do meu produto.
Coñecer casos de éxito de empresas turísticas que utilizan esta metodoloxía.


DATA: Venres, 22 de xaneiro  ás 11:00 h

Nº PRAZAS: 150



RELATOR: Joantxo Llantada

Licenciado en Xestión comercial e Marketing ( ESIC) e Máster de Investigación operativa e Sistemas ( Universidade de Valencia), conta con máis de 25 anos de experiencia en márketing de servizos e é experto en Innovación e tendencias do mercado turísticos, transformación dixital e novos modelos de negocio. Foi Director de Invat. tur - Instituto Valenciano de Tecnoloxías Turísticas, e participou no Deseño da Estratexia de Transformación Dixital do Turismo da Comunitat Valenciana entre outros proxectos para administracións públicas en materia turística. É profesor en materias de márketing, estratexia dixital e innovación en diferentes programas de escolas de negocio e Universidades como no MBA Turismo do Instituto de Empresa, Master eTourism para o CETT (Universidade de Turismo de Barcelona), Máster Internacional de Innovación da UCAM de Murcia, MBA de Turismo y Ocio da Universidade Católica de Valencia, entre outras.

 

DESTINATARIOS

Emprendedores turísticos, directivos, xefes de equipo ou departamento de empresas turísticas e hostaleiras, propietarios, profesores e consultores en turismo e hostalería 




 

PREZO DO CURSO

O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación



 

INSCRICIÓN

Máis información:  formación.turismo@xunta.gal 

 

Arriba