16 Nov 2020

CURSO DE LINGUA INGLESA PARA ATENCIÓN AO PÚBLICO NAS EMPRESAS TURÍSTICAS

Pechado

Curso lingua inglesa para atención ao público

 

 

 

Programa

 

Dentro do Plan de formación permanente para o sector turístico posto en marcha por Turismo de Galicia a través do CSHG, contémplase a formación en idiomas como alicerce fundamental para o desenvolvemento turístico de Galicia.

Este curso de Atención ao Público, permitirá mellorar o coñecemento da lingua inglesa de fronte o Xacobeo 21 ante a chegada de turistas internacionais, e aprender a comunicar da maneira máis efectiva con clientes e compañeiras/vos.

Neste curso aprenderás dun xeito práctico como dar instrucións, presentar opcións, xestionar peticións de clientes e resolver problemas en inglés. Usarás os teus coñecementos do idioma para aprender a tratar co público con confianza.
 

METODOLOXÍA
Curso en liña con flexibilidade de horarios a través da plataforma de teleformación, con 2 videotitorías semanais obrigatorias en grupos reducidos, e curso de traballo individual de 20 horas.

NIVEIS DE IDIOMAS DOS CURSOS
B1 e B2. A selección dos grupos será mediante unha proba de nivel individualizada, que realizará O Centro Británico.

DATAS
Data límite inscrición: 8 de Novembro
Probas de nivel: do 09 ao 13 Novembro
Inicio do curso: A partir do 16 deNovembro (3 semanas)

Nº PRAZAS: 50
Inglés para Atención ao Público (nivel  B1): 25
Inglés para Atención ao Público (nivel  B2): 25

FORMADOR
Centro Británico

DESTINATARIOS
Persoal que traballe de cara ao público ou teña contacto con turistas internacionais no sector turístico de Galicia.
 

REQUISITOS
Estar a traballar (empregado/autónomo) ou ter traballado ata o 14 de marzo nunha empresa do sector turístico de Galicia ou actividades independientes relacionadas co sector que traballen de cara aos turistas, ou cumprir ese requisito polo menos tres meses nos últimos 12 meses.
Reserva de 20% das prazas para os que perdesen o posto de traballo ou estean en situación de ERTE pola crise do COVID-19.

Terá preferencia o alumnado que non participase en ningunha formación de idiomas de Turismo de Galicia no 2020.

CERTIFICADO
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia de 20 horas de formación, as persoas que rematen non menos de un 80% do curso Online e participen no 100% das sesións de videotitorías grupais.


PREZO DO CURSO

O curso é gratuíto. Inclúe participación nas sesión de videotitorías grupais interactivas e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación



INSCRICIÓN
Pode facer a súa inscrición neste formulario:   PIQUE AQUÍ
Máis información: formacion.turismo@xunta.gal

Arriba