CURSO HABILIDADES ESCRITAS EN LINGUA INGLESA PARA O SECTOR TURÍSTICO
Programa
Dentro do Plan de formación para o sector turístico posto en marcha por Turismo de Galicia a través do CSHG, contémplase a formación en idiomas como alicerce fundamental para o desenvolvemento turístico de Galicia.
Este curso de Habilidades de escritura profesional en Inglés, permitirá mellorar o coñecemento de lingua inglesa de cara ao Xacobeo 21 para que as empresas turísticas e hostaleiras poidan comunicarse dun xeito máis fluido con proveedores de plataformas internacionais e/ou con clientes .
Aprenderás de maneira práctica as claves para desenvolver unha redacción fluída e profesional en inglés, estudando tipos de texto, comparando distintos rexistros, mensaxes e formatos. Descubriremos vocabulario útil relacionado coa redacción de textos no traballo, abreviaturas e expresións.
METODOLOXÍA
Curso en liña de ata 20 horas de contido online a través da plataforma de teleformación con flexibilidade de horarios. O curso conta ademais con 3 webinars grupais e 3 titorías escritas obrigatorias que se complementan ao contido online.
NIVEIS DE IDIOMAS DOS CURSOS
B1 e B2. A selección dos grupos será mediante unha proba de nivel individualizada que realizará O Centro Británico.
DATAS
Data límite inscrición: 8 de Novembro
Probas de nivel: do 09 ao 13 Novembro
Inicio do curso: A partir do 16 de Novembro (3 semanas)
Nº PRAZAS: 50
Habilidades de escritura profesional (nivel B1): 25
Habilidades de escritura profesional (nivel B2): 25
FORMADOR
Centro Británico
DESTINATARIOS
Persoal do sector turístico que habitualmente utilice documentación escrita para comunicarse con clientes e/ou provedores en Inglés.
REQUISITOS
Estar a traballar (empregado/autónomo) ou traballar ata o 14 de marzo nunha empresa do sector turístico de Galicia ou actividades independentes relacionadas co sector que traballen para os turistas, ou cumprir ese requisito polo menos tres meses nos últimos 12 meses.
Reserva de 20% das prazas para os que perdesen o posto de traballo ou estean en situación de ERTE pola crise do COVID-19.
Terá preferencia o alumnado que non participase en ningunha formación de idiomas de Turismo de Galicia no 2020.
CERTIFICADO
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia de 26 horas de formación, as persoas que finalicen non menos dun 80% do curso Online e participen no 100% das sesións grupais e as titorías escritas.
PREZO DO CURSO
O curso é gratuíto. Inclúe participación nos webinars grupais, as titorías escritas e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación.
INSCRICIÓN
Máis información: formacion.turismo@xunta.gal