CALIDADE TURÍSTICA

10 Oct 2023

PROGRAMA DE FORMACIÓN KIT DIXITAL: FERRAMENTAS E SOFTWARE PARA A TRANSFORMACIÓN NAS EMPRESAS TURÍSTICAS (18 Horas)

Pechado

PROGRAMA DE FORMACIÓN KIT DIXITAL: FERRAMENTAS E SOFTWARE PARA A TRANSFORMACIÓN NAS EMPRESAS TURÍSTICAS (18 Horas)

Inscrición no curso (seis sesións): Curso pechado

Programa

 

Entre os obxectivos do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2023, está o facilitarlle  ás empresas do sector turístico ferramentas que lle permitan mellorar a súa xestión e a venda dos seus productos e servizos.  Entre os temas a abordar neste plan de formación identifícanse como demandas prioritarias, a transformación dixital e a innovación como resposta ao novo paradigma do mercado turístico.

O programa formativo consta de 6 sesións en liña de 3 horas de duración cada unha, e está deseñado específicamente para empresas turísticas de Galicia.

CONTIDOS:

  1. Desenvolvemento da web con Wordpress: Aprenderás a crear unha presenza en liña impresionante e funcional para o teu negocio turístico, brindando aos clientes unha experiencia atractiva.
  2. Implantación de CRM: Descubrirás como xestionar as túas relacións cos clientes de maneira efectiva, mellorando a satisfacción do cliente e aumentando a retención.
  3. Sistema de email márketing: Aprenderás a aproveitar ao máximo o poder do correo electrónico para chegar á túa audiencia de maneira efectiva e aumentar as conversións.
  4. Posicionamento orgánico en buscadores e Google Analytics: Descubrirás os segredos detrás dun alto posicionamento nos motores de procura e como medir o teu éxito con Google Analytics.
  5. Implantación de sistemas de obxectivos e xestión de proxectos: Obterás as ferramentas necesarias para planificar, xestionar e executar proxectos eficientemente, asegurando un crecemento constante do teu negocio.
  6. Google Workspace para a comunicación e traballo colaborativo: Mellora a comunicación e a colaboración en equipo con Google Workspace, unha solución integral que impulsará a produtividade da túa empresa.

Cada sesión está deseñada para ser interactiva e práctica, para que poidas aplicar inmediatamente o que aprendas no teu negocio. Ademais, contarás coa experiencia dos nosos instrutores altamente cualificados e cun profundo coñecemento en tecnoloxía e transformación dixital.


DATAS: Do 10 de Outubro ao 14 de Novembro, tódolos martes de 09:00h a 12:00h

Nº PRAZAS: 200

RELATOR: Tirso Maldonado
Consultor IT e emprendedor. Socio Director en Socialtec, empresa especializada no desenvolvemento de solucións IT e negocio en liña.  Con máis de 25 anos de experiencia, está especializado no negocio en liña e as tecnoloxías da información entre outros. Bachelor en Administración de Empresas  pola Universidade Internacional de Cataluña, Bachelor en Ciencias Finanzas & Márketing (Bentley College -Boston), Master en Administración de Sistemas de Información (Bentley College – Boston), SAP: Do ERP ao eBusiness (Universidad Ramon Llull). Profesor da EOI (Escuela de Organización Industrial) en Negocio dixital,  na JSF Travel & Tourism School e na Escola Internacional de Administración Hotelera Vatel. Facilitador UNWTO Academy (OMT). Participou en proxectos como a definición do Sistema de Xestión de Destinos para a Agencia Valenciana de Turismo e  no deseño da arquitectura da solución Travel Open Apps


DESTINATARIOS
Este curso é recomendable para calquera propietario, directivo, consultor, técnico da administración ou calquera outro profesional do sector turístico interesado en mellorar  o enfoque da innovación no seu proxecto ou empresa.

ASESORÍA PERSONALIZADA
Os participantes que completen a totalidade do curso e exercicios poderán solicitar un servizo de asesoría personalizada (Prazas limitadas) de 4 horas.

PREZO DO CURSO:
O curso e o servizo de asesoría personalizada son gratuitos, financiados por Turismo de Galicia.

INSCRICIÓN
Inscrición no curso (seis sesións): Curso pechado

Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal

Arriba