CALIDADE TURÍSTICA

25 Nov 2020

WEBINAR “ROUNDCUBE CANVAS PARA O DESENVOLVEMENTO DE MODELOS DE NEGOCIO”

Pechado

 

WEBINAR : Roundcube CANVAS para o desenvolvemento de modelos de negocio

 

 

 

Programa

 

Entre os obxectivos do Plan de Formación para a reactivación trala COVID-19 impulsado por Turismo de Galicia, está o facilitarlle  ás empresas do sector turístico ferramentas que lle permitan mellorar a súa xestión, entre as que se identificaron as tecnolóxicas, financeiras ou de comunicación entre outras. Por ese motivo púxose en marcha o Plan de Formación de transformación dixital no sector turístico,  no que se enmarca esta actividade formativa dun total de 11 programadas entre os meses de novembro e xaneiro.


Roundcube CANVAS é unha evolución de Business Model Canvas de Alex Osterwalder adaptado á realidade dunha empresa turística. É unha metodoloxía que se basea nun modelo de xestión estratéxico que che axuda a documentar un negocio actual, desenvolver novos modelos de negocio, desenvolver un produto turístico, desenvolver unha nova unidade de negocio ou simplemente como ferramenta para identificar novas oportunidades.

OBXETIVOS
Deseñar modelos de negocio que se adapten a cada situación.
Axudar na implantación de metodoloxías visuais para traballar en equipo. Innovar no modelo de negocio en busca do “océano azul”
Implantar un método rigoroso para mellorar todo o ciclo de creación de produto


DATA: Mércores, 25 de novembro  ás 12:00 h.



Nº PRAZAS: 150



RELATOR: Tirso Maldonado


Consultor IT e emprendedor. Socio Director en Socialtec, empresa especializada no desenvolvemento de solucións IT e negocio en liña.  Con máis de 25 anos de experiencia, está especializado no negocio en liña e as tecnoloxías da información entre outros. Bachelor en Administración de Empresas  pola Universidade Internacional de Cataluña, Bachelor en Ciencias Finanzas & Márketing (Bentley College -Boston), Master en Administración de Sistemas de Información (Bentley College – Boston), SAP: Do ERP ao eBusiness (Universidad Ramon Llull). Profesor da EOI (Escuela de Organización Industrial) en Negocio dixital,  na JSF Travel & Tourism School e na Escola Internacional de Administración Hotelera Vatel. Facilitador UNWTO Academy (OMT). Participou en proxectos como a definición do Sistema de Xestión de Destinos para a Agencia Valenciana de Turismo e  no deseño da arquitectura da solución Travel Open Apps.




DESTINATARIOS

Emprendedores turísticos, directivos, xefes de equipo ou departamento de empresas turísticas e hostaleiras, propietarios, profesores e consultores en turismo e hostalería 




 

PREZO DO CURSO

O curso é gratuíto. Inclúe participación no webinar interactivo e material formativo documental e actividades de avaliación e ampliación



 

INSCRICIÓN

Máis información:  formación.turismo@xunta.gal 

Arriba