CALIDADE TURÍSTICA

16 Dec 2022

CURSO "EMPRESA TURÍSTICA ÁXIL E ADAPTABLE AOS CAMBIOS"

Pechado

CURSO "EMPRESA TURÍSTICA ÁXIL E ADAPTABLE AOS CAMBIOS"


Este curso en formato blended  consta con 8 píldoras formativas de videocurso para poder realizar en horario flexible, que se complementan con titorías personalizadas unha vez superados os contidos teóricos.

Data de Inicio:16 de decembro

Para participar no curso: pique aquí

 

 

Programa

 

Entre os obxectivos do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2022, está o facilitarlle  ás empresas do sector turístico ferramentas que lle permitan mellorar a súa xestión e a venda dos seus productos e servizos.  Entre os temas a abordar neste plan de formación identifícanse como demandas prioritarias, a transformación dixital e a innovación como resposta ao novo paradigma do mercado turístico.

Para que as empresas se poidan adaptar ás altísimas esixencias que demanda o mercado é necesario implantar métodos e contornas de traballo máis áxiles que nos permitan adaptarnos con velocidade aos cambios do mercado, ser máis flexibles e reaccionar con maior rapidez a calquera obstáculo.

Este curso é recomendable para calquera propietario, directivo, consultor, técnico da administración ou calquera outro profesional do sector turístico interesado en mellorar a capacidade de executar proxectos e ideas. Nun mercado global caracterizado polo seu ritmo de cambio exponencial é necesario coñecer novas formas de traballar que nos permitan deseñar, planificar e executar ideas con máis rapidez e así adaptarse ás necesidades cambiantes dos clientes.

 

PROGRAMA

O curso consta de 8 videos de 1 hora duración (1 video por módulo) de contidos teóricos obrigatorios. Cada módulo prevé a realización dun exercicio práctico que o participante deberá aplicar a un caso real e entregar ao titor do curso. Unha vez finalizados os exercicios, cada participante accederá a 2 horas de titoría persoalizada para mellorar a comprensión e resolución dos exercicios.


Módulo 1: Principios da empresa áxil e adaptable
Como introdución ao programa realízase unha exposición sobre os principios básicos do axilismo empresarial e ofrécese unha introdución rápida a cada unha das materias que máis adiante se desenvolven no programa
formativo (modelo de negocio, perfil de cliente, customer experience, sistema de obxectivos e xestión de proxectos)..

Módulo 2: Definición do modelo de negocio
Para a definición do modelo de negocio aprenderemos Business Model Canvas de Alex Osterwalder. O método “canvas” convértese nunha linguaxe común para deseñar, describir, modificar ou identificar oportunidades no modelo de negocio. Permítenos deseñar o modelo de negocio dun proxecto novo, desenvolver unha nova liña de ingresos ou lanzar un novo servizo ao mercado con rapidez e en equipo.

Módulo 3: Deseño da Persoa (buyer persoa)
Persoa é a representación imaxinaria de como son os teus clientes ideais para entendelos mellor e adaptar a proposta de valor da empresa aos perfís de usuario máis relevantes. Esta representación ficticia apóiase nun traballo de investigación previo e ten como obxectivo coñecer tanto os datos cuantitativos (quen é) como os datos cualitativos (como se comportan).

Módulo 4: Implantación da cultura de innovación
Para implantar a cultura de innovación traballamos os 10 Tipos de Innovación de Doblin e as súas máis de 100 técnicas. É un marco de traballo que che permite innovar de forma segura e repetida aplicando método e disciplina en todas as áreas e funcións da empresa.

Módulo 5: Deseño da experiencia de cliente
Para desenvolver unha boa reputación en liña, fidelizar aos teus usuarios e aumentar o valor que achegan os clientes é imprescindible traballar no deseño da experiencia de cliente. Con este obxectivo aprenderemos a deseñar
diagramas de aliñamento para identificar os puntos de contacto entre a empresa e o mercado e optimizar a creación de valor nas interseccións.

Módulo 6: Definición de obxectivos e priorización
Para ter éxito na empresa é necesario asegurar que todos traballamos en equipo e que o facemos na mesma dirección. Neste módulo aprendemos a implementar unha metodoloxía de xestión que axuda a poñer o foco nos temas importantes establecendo de forma colaborativa os obxectivos de empresa e individuos.

Módulo 7: Desenvolvemento e xestión de proxectos
Para o desenvolvemento de proxectos nun mercado tan dinámico e competitivo é imprescindible coñecer algunha metodoloxía e ferramenta que permita planificar, organizar, motivar e controlar os recursos na empresa para lograr o obxectivo cun alcance, custo e tempo determinados. Con este obxectivo aprenderemos unha das metodoloxías máis fáciles de implantar e o software en cloud adecuado para facelo.

Módulo 8: Ferramentas e casos prácticos
Neste último módulo farase unha recomendación de aplicacións e software necesarios para implementar as metodoloxías áxiles desenvolvidas no programa, ademais de falar dalgúns casos prácticos que axuden a mellorar a comprensión e aplicabilidade dos contidos e exercicios desenvolvidos
 

FORMADOR:  Tirso Maldonado
Consultor IT e emprendedor. Socio Director en Socialtec, empresa especializada no desenvolvemento de solucións IT e negocio en liña.  Con máis de 25 anos de experiencia, está especializado no negocio en liña e as tecnoloxías da información entre outros. Bachelor en Administración de Empresas  pola Universidade Internacional de Cataluña, Bachelor en Ciencias Finanzas & Márketing (Bentley College -Boston), Master en Administración de Sistemas de Información (Bentley College – Boston), SAP: Do ERP ao eBusiness (Universidad Ramon Llull). Profesor da EOI (Escuela de Organización Industrial) en Negocio dixital,  na JSF Travel & Tourism School e na Escola Internacional de Administración Hotelera Vatel. Facilitador UNWTO Academy (OMT). Participou en proxectos como a definición do Sistema de Xestión de Destinos para a Agencia Valenciana de Turismo e  no deseño da arquitectura da solución Travel Open Apps

 

DATA INICIO CURSO: 16 de decembro

Datas para realizar autoformación e titorización:
Do 16 de decembro de 2022 ao 15 de febreiro de 2023

INSCRICIÓN:

Para participar no curso: pique aquí

Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal

 

 

Arriba