CALIDADE TURÍSTICA

20 Mar 2024

CIBERSEGURIDADE NA EMPRESA (1 HORA)

31 December 2024

CIBERSEGURIDADE NA EMPRESA (1 HORA)

Para facer a túa inscrición neste curso PIQUE AQUI 

Programa

 

Entre os obxectivos do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2023, está o facilitarlle  ás empresas do sector turístico ferramentas que lle permitan mellorar a súa xestión e a venda dos seus productos e servizos.  Entre os temas a abordar neste plan de formación identifícanse como demandas prioritarias, a transformación dixital e a innovación como resposta ao novo paradigma do mercado turístico, sen olvidar a correcta xestión dos riscos asociados ao mundo dixital.

Neste curso dunha hora sobre ciberseguridade empresarial, terás a oportunidade de aprender sobre os riscos asociados co correo electrónico, os dispositivos informáticos, as aplicacións na nube e o cifrado de información.

Trátase dun curso curto, claro e práctico que che permitirá mellorar a seguridade da túa empresa unha vez que o completes. Nos últimos anos, o uso da tecnoloxía evolucionou de maneira significativa, con todo, moitas veces non tomamos as medidas de seguridade adecuadas para evitar problemas.

O curso consta dunha sesión introductoria sobre os conceptos básicos de seguridade, unha descrición da nosa propia metodoloxía de seguridade coñecida como "canvas de seguridade" e un exercicio práctico que che axudará a avaliar a saúde dixital da túa empresa.
 

DATAS: Curso de formación permanente dispoñible dende o 1 de setembro de 2023

Nº PRAZAS: Ilimitadas

FORMADOR:
Juan Carlos Fernández
Abogado e Fundador de TECNOGADOS, empresa especializada na formación en ciberseguridade, privacidade e legalidade vinculada as novas tecnoloxías.  Juan Carlos é avogado e Técnico superior en informática especialista en dereito e novas tecnoloxías, protección de datos e seguridade da información e a privacidade. Acumula experiencia como formador nesta materia para a EOI (Escola de organización industrial), a UCLM (Universidade de Castilla la Mancha) entre outras moitas institucións. Participou tamén como relator nos principais congresos de Seguridade informática (CNN-Cert, RootedCon, Navaja Negra, MorterueloCon, etc).


DESTINATARIOS
Este curso é recomendable para calquera propietario, directivo, consultor, técnico da administración ou calquera outro profesional do sector turístico interesado en mellorar os seus coñecementos de seguridade na contorna dixital.


INSCRICIÓNS
Para facer a túa inscrición neste curso PIQUE AQUI


Máis información: formacion.turismo@xunta.gal

Arriba