06 May 2021

CURSO DE INGLÉS PARA RUTAS DO CAMIÑO DE SANTIAGO

Pechado

 

Programa

 

Este curso de idiomas enmárcase dentro do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2021, que persigue a mellora das competencias lingüísticas dos profesionais do sector turístico galego,  coa oferta de formación en diferentes linguas para mellorar a calidade do servizo aos peregrinos e turistas que visitarán Galicia no Xacobeo 21 22.

O Curso myEnglish para o Camiño de Santiago permitirá mellorar o coñecemento da lingua inglesa e aprender a comunicarse de modo máis efectivo con clientes  ante o Xacobeo 21 22 e mellorar a comunicación con clientes internacionais no destino Galicia.

METODOLOXÍA:
Curso 100%  en liña  de 50 horas de duración, con acceso 24 horas todos os días da semana,  garantindo  a máxima flexibilidade de horarios.
É un curso intuitivo e fácil de usar, con contidos creados por  Oxford University Press,  que che axudará a desenvolver as túas destrezas de lectura, escritura e fala coa axuda dun profesor virtual. 
Ao inicio do curso, o alumno terá un Webinar de Benvida por parte do titor e servizo de titorías vía correo electrónico durante todo o curso do que poderá dispoñer mentres fai o curso no horario que mais lle conveña.

Cada curso consta de 12 unidades básicas  con autoavaliacións. Así mesmo o alumno ten dispoñible durante todo o curso recursos extras como Business Videos, Works mails, Articles, Working Culture, Phrasal Verbs, etc e o Diccionario Oxford Wordpower online
 

NIVEL DE IDIOMA DO CURSO:
Hai un total de 12 niveis dispoñibles, dende o A1 ate o C1+ ( De iniciación, medio, alto e  perfeccionamento)
Cada alumna/o  unha vez seleccionada/o realizará unha proba inicial de inglés, que determina o seu nivel para o curso.

DATAS:

Solicitude de praza: 22 abril a 2 de maio
Confirmación admitidos: 4 maio
Duración do curso: 6 maio a 9 xullo
Exame Final: 12 Xullo

Nº CURSOS: 10 

Nº PRAZAS POR CURSO: 20

DESTINATARIOS:

Persoal  do sector turístico galego que desempeñe o seu traballo con atención ao público e desexe mellorar o seu nivel inglés para comunicarse cos seus clientes nas diferentes Rutas do Camiño de Santiago.
 

REQUISITOS:
Estar a traballar  (empregado/autónomo) ou en situación de desemprego ou  ERTE debido á  crise da  COVID-19  no sector turístico de Galicia.

CERTIFICADO:
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia  de 50 horas de formación no nivel que corresponda  as persoas que rematen non menos de un 80% do curso en liña e superen o test de autoavaliación final.

PREZO DO CURSO:
O curso é gratuíto, financiado por Turismo de Galicia.
 

INSCRICIÓN:
Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal

 


 

Arriba