Paseos que namoran

Como podemos describir a sensación que nos produce o aloumiño dunha brisa, o arrecendo das flores ou o feitizo dunha paisaxe? Como podemos narrar os silencios que vagan na espesura do bosque ou o estrondo dunha ruxidoira?

Cando nos adentramos no terreo das emocións as palabras escasean e resulta difícil describir a pegada que deixa en nós un paseo pola natureza. Entón xorde o poeta e di con sinxela beleza “caminante no hay camino se hace camino al andar”. E en Galicia os camiños fanse poesía, e de verso en verso engaiólannos coa súa intensa atracción emocional. Son paseos que namoran.

Ollando o mar, ao carón dun río ou na procura dunha fervenza, Galicia sedúcenos coa súa harmonía de verdes e azuis, invitándonos a descubrir entre bosques e montañas todo un patrimonio oculto. Ás veces mesmo un paseo urbano pode roubarnos o corazón!

Descarga la versión en PDF

Arriba
Ajude-nos a melhorar!