10 May 2021

CURSO ALEMÁN TURÍSTICO BÁSICO

Pechado

CURSO COMPLETO

 

 

 

Programa

 

Este curso de idiomas enmárcase dentro do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2021, que persigue a mellora das competencias lingüísticas dos profesionais do sector turístico galego,  coa oferta de formación en diferentes linguas para mellorar a calidade do servizo aos peregrinos e turistas que visitarán Galicia no Xacobeo 21 22.

O curso de Alemán Turístico Básico, permitirá adquirir un primeiro coñecemento da lingua alemá  cara o Xacobeo 21 22  ante a chegada de turistas internacionais, e aprender a comunicar da maneira máis efectiva con clientes e compañeiras/os.

Neste curso aprenderás, dunha maneira autónoma, como saudar educadamente, dar e pedir información persoal, profesións do sector turístico, países e idiomas, os números, días e a hora, verbos específicos para o servizo ao cliente e vocabulario esencial para o Xacobeo 21 22. Todo isto apréndese en conxunto con conceptos  gramaticais básicos como os artigos, a conxugación, o  acusativo e outros. Aumentarás os teus coñecementos neste novo idioma para empezar a atender clientes en alemán.


METODOLOXÍA:
Curso en liña con flexibilidade de horarios a través da plataforma de teleformación, cun titor/a nativo/a para atender preguntas e dúbidas tanto nos foros como por mensaxe privada.
 

NIVEL DE IDIOMAS DO CURSO:
A1 introdución


DATAS:

Solicitude de praza: 22 abril ao 3 de maio
Confirmación admitidos: 5 maio
Duración do curso: do 10 maio  ao 18 de xuño
Exame Final: 22 de xuño


Nº PRAZAS: 100

FORMADORA: Eva Maria  Steinbach

Eva Maria  Steinbach será a titora deste curso. É alemá e leva máis que 10 anos ensinando o seu idioma en Galicia. Actualmente é a xefa do Departamento de Alemán na escola Lorca  Institute

DESTINATARIOS:

Persoal  do sector turístico galego que desempeñe o seu traballo con atención ao público e desexe mellorar o seu nivel inglés para comunicarse con turistas e peregrinos.
 

REQUISITOS:
Estar a traballar  (empregado/autónomo) ou en situación de desemprego ou  ERTE debido á  crise da  COVID-19  no sector turístico de Galicia.

CERTIFICADO:
Obterán certificado de participación expedido por Turismo de Galicia  de 20 horas de formación no nivel que corresponda  as persoas que rematen non menos de un 80% do curso en liña e superen o exame final.

PREZO DO CURSO:

O curso é gratuíto, financiado por Turismo de Galicia.
 

INSCRICIÓN:
Para facer a solicitude de praza: PIQUE AQUÍ
Máis información:  formacion.turismo@xunta.gal

 


 

Arriba